Ata o de agora démonos a coñecer a través das redes sociais; de aquí en diante, ademáis delas, teremos o noso propio sitio web. Quixemos que tivese moitas imaxes, que sexa fresco e áxil. Está deseñado e creado en vasco, pero tamén nos poderedes seguir en cinco línguas máis.
Nesta web atoparedes todo: a axenda dos concertos, as noticias máis recentes, as fotografías … De cando en vez, subiremos algún dos vídeos informais que máis nos gustan.
Queremos dar as grazas dende aquí a algunhas persoas que nos teñen axudado neste proxecto.
Sería difícil recordar os momentos vividos en cada concerto se non fose pol@s fotógraf@s que souberon inmortalizar eses momentos a través das súas cámaras. O noso recoñecemento a Javi Pérez, Gaizka Peñafiel e Saioa “Gauilunak”. Moitas grazas pola vosa habilidade, humildade e xenerosidade.
Gorka Salas sempre nos recorda que non todos os artistas están en París. El recolle a realidade das fotografías, dalles o seu toque e devólvenolas cheas de emocións. Moitas grazas por facer este traballo sen agardar nada a cambio!.
Unha lingua, ademais de servir para comunicarse, é para vivila: vivimos coas línguas e nós dámoslles vida. Convidámosvos non só a comprender a Huntza, senon a vivila, e para iso son imprescindibles as traduccións. Os nosos tradutores foron: Miriam Rodríguez, catalán; Amaia Alberdi e Mariola Agirrezabal, inglés; Fran Fontán, galego, e francés Mayi Iza e os seus alumnos da escola Chantaco.
Moitas gracias a ti, Urtzi Azkue, por ter sempre a solución ás nosas dúbidas técnicas, e por estar sempre disposto a nos axudar.
Finalmente, non podemos esquecer a Zezilio Salas, creador deste sitio web. Todo o ouro no mundo non abondaría para pagar o teu traballo!. Moitas grazas polos teus consellos, polo teu apoio e por estar sempre disposto a nos ensinar, dende a humildade.
Presentámosche HUNTZA.EUS
Deixa unha resposta