Huntza é un grupo de música que xurdiu nas rúas de Bilbao en 2014. Compóñeno seis mozos reunidos no entorno da Universidade. O seu obxectivo non é outro que espallar a música que crean.
Coñecéron-se nun “trikipoteo” que os alumnos da Universidade adoitan realizar os xoves, e na electrotxaranga “Eguenero” coa intención de pasa-lo ben. A medida que o grupo iba tomando forma foron compoñendo cancións e compartindo cada un deles o que levaba aprendido ao longo da súa formación musical.
Aínda que o grupo surxiu en Bilbao, hai que mencionar que todo-l@s compoñentes son guipuscoan@s.
A súa estrea foi o 8 de marzo de 2016 coa publicación da súa primeira canción “Harro gaude” (“Estamos fachendos@s”). Nesta canción fan una homenaxe ás primeiras mulleres que subiron a un escenario. Este humilde comenzo abriulle-las portas aos concertos que teñen realizado dende entón.